Deporte Galego     


A Secretaría Xeral para o Deporte patrocina con máis de 200.000 euros os equipos de alta competición de Ourense

O secretario xeral para o Deporte asinou as adxudicacións dos patrocinios ás 8 entidades beneficiarias da provincia de Ourense

O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por segundo ano consecutivo. A marca Deporte Galego irá esta tempada acompañada pola de Galicia Calidade nos soportes publicitarios dos equipos adxudicatarios, en relevo da do Xacobeo que se empregou a pasada campaña.

Con esta actuación a Secretaría Xeral para o Deporte quere apoiar aos equipos galegos de alta competición, nun momento no que é moi difícil para eles o mantemento do apoio da empresa persoal. Así mesmo, é importante destacar a tarea de promoción do deporte galego e da marca Galicia Calidade que estes equipos farán no ámbito nacional e internacional.

As entidades beneficiarias dos patrocinios da provincia de Ourense repártense un total de 217.672,81 euros, que se distribúen entre as seguintes entidades: AD Ourense Hockei Club, CH Barrocás, Cidade de As Burgas FS, Club Baloncesto Feminino Ourense, Club Ourense Baloncesto SAD, Club Vedruna, Ponte Ourense CF SAD e UD Barbadás



Horarios Adestramentos
PREBENXAMÍNS -
Luns e Mércores de 18:00 Hras

BENXAMÍNS -
Luns e Mércores as 18:00 Hras

ALEVÍNS -
Alevíns B e C Luns e Mércores ás 18:00 Hras
Alevín A Martes e Mércores ás 18:00 Hras

INFANTÍS -
Infantil B Martes as 18:00 hras, Xoves e Venres as 16:45 Hras
Infantil A Martes e Venres as 16:45 hras, Xoves as 18:00 Hras

CADETES -
Cadete A Martes e Xoves as 19:30 Hras, Venres as 18:00 Hras
Cadete B Luns e Mércores as 19:30 Hras , Venres as 18:00 Hras

XUVENÍS -
Xuvenil A Luns , Mércores e Venres ás 19:30 Hras
Xuvenil B Martes,Xoves e Venres ás 19:30 Hras
 
Hoy 13 visitantes (20 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis