RESEÑA   HISTÓRICA

Nome co que compite tamén a nivel federativo a Escola de Fútbol.Nace o clube na tempada 98-99 da fusión coa Agrupación Deportiva Parda-Piñor, pola necesidade de darlle continuidade aos xogadores que rematan a súa estancia na escola e para que poidan seguir xogndo dentro do mesmo clube
Da fusión arráncase na tempada 98-99 en 2ª rexional  con M.Morales como adestrador.A tempad trascurre discretamente.Na tempada seguinte ascéndese a 1ª rexional, despois dunha campaña brillante que remata co ascenso gañando en Monterrei 1-3.
Seguen as tempadas 00-01 , -01-02, 02-03 con estncia en 1ª Rexional.Unha primeira tempana na que se produciría a inauguración do campo de "Os Carrís" en setembro do 2000 e na que se está a piques de conquerir o ascenso a Rexional Prefernte,nunderradeiro prtido onde tíñamos que gañar ao Maside e que o Vilamarín  non o fixera en Coles.Non foi así e quedamos ás portas do ascenso no primeiro ano na 1ª rexional.Seguen dúas tempadas de transicción; pero na 02-03 conquírese inesperadamente  e por renuncia dos precedentes na clasificación o ascenso a Rexional Preferente.
O primeiro ano en preferente ´´ofrese moito, despois dun cambio de adestrador, e con M.Morales de novo acádase a salvación no derradeiro partido.
Na tempada 04-05 con Guillermo,Fabio e Gallego como adestradores , rematamos descendendo a censecuencia dos arrastres, pero por ascenso do filial Bentraces terminamos seguindo na categoría.Esa mesma tempada o club gaña a COPA DIPUTACIÓN fronte do Arenteiro no campo do Couto.
Seguen tres tempadas  05-06, 06-07 e 07-08 onde o equipo non só se consolida na categoría se non que na 07-08 xógase a fase de ascenso a 3ª División nunha eliminatoria histórica fronte do Somozas.
Nesta mesma tempada inaugurouse a remodelación do campo dos Carrís, instalándose un céspede artificial do máis novedoso, sendo da admiración de todolos que o visitan.
Na tempada 08-09 o equipo sae cas mesmas perspectivas  d epelexar entre os grandes. Con Guillermo/Figo , Abad e Gallego formándo o equipo técnico e co obxectivo de conquerir éxitos para o noso clube.
Resaltar a participación dun equipo FILIAL que desde a tempada 06-07 depende directamente de nós e que primeiramente con Ángel Nóvoa e agora con Luis Parada ao frente, tenta acoller aos xogadores que saen dos xuvenís e facer xogadores cara o primeiro equipo.
Nesta tempada  08-09 tamén se creou unha sección de FÚTBOL FEMENINO que compite a nivel autonómico. 


   






Horarios Adestramentos
PREBENXAMÍNS -
Luns e Mércores de 18:00 Hras

BENXAMÍNS -
Luns e Mércores as 18:00 Hras

ALEVÍNS -
Alevíns B e C Luns e Mércores ás 18:00 Hras
Alevín A Martes e Mércores ás 18:00 Hras

INFANTÍS -
Infantil B Martes as 18:00 hras, Xoves e Venres as 16:45 Hras
Infantil A Martes e Venres as 16:45 hras, Xoves as 18:00 Hras

CADETES -
Cadete A Martes e Xoves as 19:30 Hras, Venres as 18:00 Hras
Cadete B Luns e Mércores as 19:30 Hras , Venres as 18:00 Hras

XUVENÍS -
Xuvenil A Luns , Mércores e Venres ás 19:30 Hras
Xuvenil B Martes,Xoves e Venres ás 19:30 Hras
 
Hoy 18 visitantes (27 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis